=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.
=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen: Todas. Desenvolveranse no campus remoto.
* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías): Titorías no despacho virtual e utilización de foros en Faitic.
* Modificacións (se procede) dos contidos: Non procede.
* Bibliografía adicional para facilitar eo auto-aprendizaxe A sinalada na guía docente. Adicionalmente, incorporaranse materiais de estudo en Faitic.
=== ADAPTACIÓN DA EVALUACIÓN ===
Para o alumnado que siga o sistema de evaluación continua, manteranse as mesmas probas de avaliación, que se realizarán en Faitic ou de forma oral no campus remoto.
Para o alumnado que siga o sistema de avaliación final, a proba realizarase de forma oral no campus remoto.
|