O traballo fin de máster é unha materia na que o alumnado debe demostrar a súa madurez intelectual e a súa capacidade para integrar coñecementos, aptitudes e habilidades. Debe responder a criterios de calidade e rigor, polo que se seguirá unha metodoloxía específica suxerida polo profesorado que permita identificar axeitadamente as necesidades de información e a selección de fontes, o tratamento de datos e a presentación de resultados conforme se esixen dende o máster e como paso previo aos retos do futuro profesional.