A primeira parte da asignatura (50% da nota final da asignatura), correspondente ós temas 1, 2 e 3, consta dunhas actividades obrigatorias e avaliables: - A evaluación do tema 1 (25% da nota final da asignatura) consistirá en 2 traballos. - A evaluación dos temas 2 e 3 (25% da nota final da asignatura) consistirá en 4 cuestionarios e na participación nos Foros habilitados na plataforma docente. Para superar a primeira parte é necesario cumprir dúas condicións: 1) realizar os 2 traballos, os 4 cuestionarios e participar nos Foros habilitados na plataforma docente. 2) obter un mínimo de 5 puntos en cada traballo, cuestionarios e nos Foros (Escala de 0 a 10 puntos). A segunda parte damateria (50% da nota final de la asignatura), correspondente ós temas 4 e 5, consta dunhas actividadesobrigatorias e avaliables: - Exame final (30% da nota final da asignatura): Este exame terá lugar na data e na hora oficiais. - Actividades propostas (20% da nota final da asignatura). Para superar a segunda parte é necesario cumprir dúas condicións: aprobar o exame final e obter un mínimo de 5 puntos nunha escala de 0 a 10 puntos. No caso de superar o exame, a nota desta parte resulta da suma da nota obtida no exame e das notas das actividades propostas. No caso de non superar o exame, a nota desta parte será o resultado de expresar a puntuación da proba nunha escala de 0 a 10 puntos. É necesario e obrigatorio aprobar a primeira e a segunda parte para supera-la materia. |