AVALIACIÓN CONTINUA A primeira parte da asignatura (50% da nota final da asignatura), correspondente aos temas 1, 2 e 3, consta de actividades obrigatorias e evaluables: - A evaluación do tema 1 (25% da nota final da asignatura) consistirá en 2 traballos e/o nun exame tipo Test - A evaluación dos temas 2 e 3 (25% da nota final da asignatura) consistirá en 1 caso práctico e/o nun exame tipo Test Para superar a primeira parte é necesario cumprir dúas condicións: 1) realizar os 2 traballos, o caso práctico e/o os exames tipo Test 2) obter un mínimo de 5 puntos en cada traballo, caso práctico e/o nos exames tipo test (Escala de 0 a 10 puntos). A segunda parte da materia (50% da nota final da asignatura), correspondente ós temas 4 e 5, consta dunhas actividades obrigatorias e avaliables: - Exame final (30% da nota final da asignatura): Este exame terá lugar na data e na hora oficiais. - Actividades propostas (20% da nota final da asignatura). Para superar a segundaparte é necesario cumprir dúas condicións: aprobar o exame final e obter un mínimo de 5 puntos nunha escala de 0 a 10 puntos. No caso de superar o exame, a nota desta parte resulta da suma da nota obtida no exame e das notas das actividades propostas. No caso de non superar o exame, a nota desta parte será o resultado de expresar a puntuación da proba nunha escala de 0 a 10 puntos. É necesario e obrigatorio aprobar a primeira e a segunda parte para supera-la materia.
AVALIACIÓN NON CONTINUA Unha
vez superado o prazo dun mes desde o inicio do cuadrimestre, o alumnado disporá
dun prazo de 10 días hábiles para manifestar, formalmente e por escrito, a súa
intención de incorporarse ao sistema global de avaliación na convocatoria
ordinaria de dito cuadrimestre, renunciando o sistema de avaliación continua.
Para iso, deberá enviar un correo electrónico ao profesor responsable da
materia, con copia ao coordinador do mestrado (mcinternacional@uvigo.es). No
caso de non manifestar esta intención, enténdese que o/a alumno/a segue a
avaliación continua, renunciando á avaliación global na convocatoria ordinaria de
dito cuadrimestre.
|