Educational guide 2024_25
Facultade de Comercio
Máster Universitario en Comercio Internacional - Presencial
 Materias
  Contabilidade e Finanzas Internacionais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Valoración da asistencia e participación do alumno/a en clase 10 C5
C6
Resolución de problemas e/ou exercicios Cualificación obtida polo alumno/a nas probas de resposta curta que expoñan os profesores 90 A4
B1
B5
C5
C6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1.- AVALIACIÓN CONTINUA

O alumnado deberá superar todas as
probas periódicas e realizar todos os traballos, actividades ou
exercicios que propoña o profesorado da materia ao longo do curso, o cal computará o 90% da nota. Concretamente, realizaranse 3 probas (con ponderacións do 20%, 25% e 25%) e un traballo (cunha ponderación do 20%).

A
nota media obtida nestas probas e traballos incrementarase en ata un
punto (10% da nota
final) se a asistencia participativa a sesións maxistrais, seminarios e
resolución de problemas e exercicios iguala ou supera o 80% do total.

2.- EXAME FINAL

O alumnado que non teña superado ou
realizado algunha das probas periódicas ou algún dos traballos,
actividades ou exercicios, deberá presentarse aos exames finais da materia nas datas que estableza a comisión académica do máster.

Neles deberá entregar os traballos ou actividades
pendentes e realizar as probas non aprobadas ao longo do curso,
podendo conservar as notas das probas superadas e dos traballos ou
actividades realizados ao longo do curso. A nota final calcularase
exclusivamente en base ás calificacións obtidas nas probas,
actividades e traballos. 

Se o alumnado non supera as probas, traballos ou actividades pendentes no exame final, a nota final máxima na materia será de 4,5.

O alumnado que non opte pola avaliación continua poderá ir só ao exame final, que tendrá neste caso un peso do 100%.

Nota importante sobre o sistema de avaliación: Unha vez superado o prazo dun mes dende o comezo do cuadrimestre, o alumnado dispondrá dun prazo de 10 días hábiles para
manifestar, formalmente e por escrito, a súa intención de acollerse ao sistema de avaluación global na convocatoria ordinaria do cuadrimestre, renunciando así á avaliación continua. Para isto,
deberá dirixir un correo electrónico ao profesor/a responsable da
materia, con copia ao coordinador/a do máster (mcinternacional@uvigo.es).
En caso de non manifestar esta intención, enténdese que o/a alumno/a
sigue a avaliación continua, renunciando á avaliación global na convocatoria ordinaria do cuadrimestre.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000