Este apartado pretende reflectir as adaptacións necesarias das guías para a impartición e avaliación da materia tanto en modalidade mixta como en modalidade non presencial no caso hipotético que non fora posible facelo mediante a modalidade presencial.
Diante desta situación, a actividade docente impartirase mediante o Campus Remoto, e preverase asemade o uso da plataforma de teledocencia Faitic como reforzo e sen prexuízo doutras medidas que se poidan adoptar para garantir a accesibilidade do alumnado aos contidos docentes.
O Campus Remoto incluirá:
+ a substitución das metodoloxías docentes presenciais pola súa versión virtual, mediante sesións en Aula Virtual e vídeos elaborados polos docentes (a disposición dos estudantes en Faitic) en combinación con traballo autónomo por parte do estudante.
+ A realización das probas de avaliación necesarias.
+ A atención personalizada, mediante a creación de Foros en Faitic específicos de consulta de dúbidas, o emprego de despachos virtuais para consulta e titorías, o correo electrónico para dúbidas, ou mesmo atención telefónica. |