Introdución á lingua alemá nunha contorna comercial. Abordaranse tres macrodestrezas (lectura, escritura e comprensión) e introducirase o alumnado na terminoloxía específica máis utilizada nas transaccións comerciais. Tratarase case exclusivamente de que o alumnado adquira un nivel básico suficiente na compresión escrita da lingua alemá, incidindo en cuestións gramaticais, léxicas e comprensivas. A aprendizaxe abordarase elixindo textos e materiais que reflictan situacións nas que se recoñeza e empregue o vocabulario específico das relacións comerciais internacionais, desenvolvendo para iso as pertinentes habilidades comunicativas básicas nas transaccións comerciais.