Nesta materia, desenvolveranse as competencias de comprensión, expresión oral e escritura en lingua francesa. Preténdese conseguir que o alumnado poida expresarse en francés nas situacións cotiás básicas, así como nas propias dos ámbitos profesionais relacionados co Grao de Comercio, e alcanzar un nivel A2 segundo o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.