Transcorrido o prazo dun mes desde o inicio do
cuadrimestre, o alumnado disporá dun prazo de 10 días hábiles para manifestar,
formal e por escrito, a súa intención de beneficiarse do sistema global de
avaliación na convocatoria ordinaria do citado cuadrimestre, renunciando así a
avaliación continua. Para iso, deberá enviar un correo electrónico ao profesor
responsable da materia, cunha copia ao coordinador do Grao (fc.organizacion@uvigo.es). De non
manifestarse esta intención, enténdese que o alumno segue a avaliación
continua, renunciando á avaliación global na convocatoria ordinaria do dito
cuadrimestre.
Na modalidade de avaliación continua a nota final será o resultado da nota
dos parciais (70% da nota final) e da nota dos traballos a entregar durante o
curso (30% da nota final). No caso de que o desenvolvemento do curso non
permita facer unha proba parcial, dita proba estará incluída no exame final da
materia. Para superar a materia o alumno deberá conseguir unha puntuación
mínima de 5 puntos. A puntuación obtida pola participación e a realización
e entrega de todas as tarefas establecidas polo profesor mantense na
convocatoria de xuño e xullo do curso académico en vigor pero non se
gardará para cursos sucesivos. Calquera estudante que durante o curso
participe no 20% das probas de avaliación do programa non poderá en ningún
caso obter a cualificación de non presentado.
Os estudantes que non poidan seguir a avaliación continua serán examinados
mediante unha proba escrita na data oficial fixada no calendario de exames. A
nota final será a que teña no exame e se valorará sobre 10 puntos, considerando
o aprobado unha cualificación igual ou maior que 5. Poderase exisir a entrega de determinadas tarefas dependendo da evolución da situación e das continxencias. Dende a materia se facilitará a participación dos estudantes nas
actividades académicas organizadas pola escola de empresariais ou pola
universidade, que poden ser obxecto de bonificación adicional ás actividades do
curso, con ata 0,3 puntos, sempre que se acredite a participación. As datas dos exámenes oficiaies, poden consultarse na páxina web do centro: https://fcomercio.uvigo.es/ |