Avaliación continua:
Nesta materia séguese o sistema de avaliación
continua. Con todo, pódese renunciar explicitamente á avaliación continua
solicitándoo por e-mail ao profesorado da materia, antes do día 1 de novembro.
O alumnado en avaliación continua está obrigado a
cumprir uns requisitos: - Asistir ás clases prácticas (80% mínimo) e realizar
as actividades prácticas que se soliciten (habitualmente 1 por clase práctica).
Os xustificantes de non asistencia analizaranse en cada situación en
particular. - Realizar todas as actividades programadas para as
prácticas. Deste xeito, se unha alumna ou alumno non asistise a clase (de forma
xustificada) deberá entregar igualmente a/s tarefa/s ou actividade/s nos 3 días
seguintes á data máxima de entrega, non tendo en conta a non asistencia só para
o cálculo da porcentaxe de asistencia mínima (80%). - Aprobar todas as probas, prácticas e/ou exames, é
dicir, débese aprobar cada unha das partes principais da materia (prácticas e
exames) por separado, para poder optar á media da avaliación continua. - A calificación media final calcularase da seguinte
forma: (nota de asistencia e participación nas clases) x 0,05
+ (nota exame de preguntas obxectivas) x 0,35 + (nota exame de Preguntas teóricas) x 0,40 + (realización de exercicios e traballos, tanto en clase
como fóra de clase) x 0,20.
Avaliación global: O alumando debe aprobar o exame fixado oficialmente
(cunha nota mínima dun 5), que será diferente ao exame de avaliación continua.
A materia que entrará para ambos os tipos de
avaliación (continua e esta global) de cara ao exame final será tanto a
impartida nas clases teóricas como a impartida nas clases prácticas, estando
dispoñible en Moovi todo ese contido. Segunda oportunidade: O alumnado en avaliación continua poderá presentarse
ao exame oficial de xuño/xullo, a condición de que cumpra os demais requisitos
da avaliación continua. En caso contrario pasará automaticamente ao sistema de
avaliación global.
No sistema de avaliación global o alumnado deberá
superar (5 sobre 10) ao exame fixado oficialmente. Devandito exame será diferente
do que realice o alumnado no sistema de avaliación continua.
A materia que entrará para ambos os tipos de
avaliación (continua e esta global) de cara ao exame final será tanto a
impartida nas clases teóricas como a impartida nas clases prácticas, estando
dispoñible en Moovi todo ese contido. Convocatoria fin de carreira: Nesta convocatoria non se aplica o sistema de
avaliación continua polo que os alumnos deberán superar (5 sobre 10) o exame na
data fixada oficialmente. Examinaranse tanto da teoría como da práctica. Notas finais: En todos os sistemas, oportunidades e convocatorias o
aprobado é o 50% da nota máxima posible.
As datas dos exames poderanse consultar na páxina web
do centro https://fcomercio.uvigo.es
Un comportamento inadecuado na aula (valórase a
participación e actitude) ou o uso inadecuado dos dispositivos móbiles poden
afectar negativamente á cualificación final do alumnado. |