Avaliación continua: Nesta materia séguese o sistema de avaliación continua. Con todo, pódese renunciar explicitamente á avaliación continua.
Unha vez superado o prazo dun mes desde o comezo do cuadrimestre, o alumnado dispoñerá dun prazo de 10 días hábiles para manifestar, formalmente e por escrito, a súa intención de acollerse ao sistema de avaliación global na convocatoria ordinaria do devandito cuadrimestre, renunciando así á avaliación continua. Para iso, deberá cubrir un formulario enviado por correo electrónico polo profesorado responsable da materia, e que precederá a enviar unha copia á persoa coordinadora do Grao (fc.organizacion@uvigo.es). En caso de non manifestar esta intención, enténdese que a/o alumna/o segue a avaliación continua, renunciando á avaliación global na convocatoria ordinaria do devandito cuadrimestre.
O alumnado en avaliación CONTINUA está obrigado a cumprir os seguintes requisitos:
- Asistir ás clases prácticas (80% mínimo). Os xustificantes de non asistencia analizaranse en cada situación en particular.
- Realizar todas as actividades programadas para as prácticas (habitualmente 1 por clase práctica). Deste xeito, se unha alumna ou alumno non asistise a clase (de forma xustificada) deberá entregar igualmente a/s tarefa/s ou actividade/s nos 3 días seguintes á data máxima de entrega, non tendo en conta a non asistencia só para o cálculo da porcentaxe de asistencia mínima (80%).
- Aprobar todas as probas, prácticas, exames..., é dicir, débese aprobar todas y cada unha das partes principais da materia (prácticas e exames) por separado, para poder optar á media da avaliación continua.
- A cualificación media final calcularase da seguinte forma:
(nota de asistencia e participación nas clases teóricas) x 0,05 +
(realización de exercicios e traballos, tanto en clase como fóra de clase) x 0,20 +
(nota de probas de preguntas obxectivas) x 0,10 +
(nota exame parcial 1 de preguntas obxectivas e teóricas) x 0,30 +
(nota exame parcial 2 de preguntas obxectivas e teóricas) x 0,35.
Avaliación GLOBAL: O alumando debe aprobar o exame fixado oficialmente (cunha nota mínima dun 5). A materia que entrará para ambos os tipos de avaliación (continua e esta global) será tanto a impartida nas clases teóricas como a impartida nas clases prácticas, e estará dispoñible en Moovi todo ese contido.
Segunda oportunidade: O alumnado en avaliación Continua poderá presentarse ao exame de convocatoria extraordinaria sempre que no superase algunha das probas, prácticas ou exames formulados.
O alumnado en avaliación Global que non supere o exame en convocatoria ordinaria poderá presentarse ao exame de convocatoria extraordinaria.
A materia que entrará en ditos exames será tanto a impartida nas clases teóricas como a impartida nas clases prácticas, e todo ese contido estará dispoñible en Moovi.
Convocatoria fin de carreira: Nesta convocatoria non se aplica o sistema de avaliación continua polo que os alumnos deberán superar (5 sobre 10) o exame na data fixada oficialmente. Examinaranse tanto da teoría como da práctica.
Notas finais: En todos os sistemas, oportunidades e convocatorias o aprobado é o 50% da nota máxima posible.
As datas dos exames poderanse consultar na páxina web do centro https://fcomercio.uvigo.es/docencia/examenes/
Un comportamento inadecuado na aula (valórase: participación, actitude, puntualidade) ou o uso inadecuado dos dispositivos móbiles poden afectar negativamente á cualificación final do alumnado.