Para
superar a materia requírese obter polo menos 1,5 puntos tanto na proba
obxectiva como na resolución do exercicio práctico (cada un deles puntuado
sobre 3). De non ser o caso, a cualificación será o resultado de sumar as
puntuacións de ambas as probas. A
puntuación obtida pola participación, así como a realización e entrega de
tarefas (traballos de clase, e prácticas de aula de informática), mantense nas
convocatorias do presente curso pero NON se gardará para cursos sucesivos. O
traballo práctico de temática libre (traballo tutelado) puntua exclusivamente
na convocatoria na que se presenta. Se non se supera o exame na convocatoria de
xaneiro, se deberá presentar un novo traballo, xunto co exame, na convocatoria de xullo e nas extraordinarias. Transcorrido
o prazo dun mes desde o inicio do cuadrimestre, o alumnado disporá dun prazo de
10 días hábiles para manifestar, formal e por escrito, a súa intención de
beneficiarse do sistema global de avaliación na convocatoria ordinaria do
citado cuadrimestre, renunciando así a avaliación continua. Para iso, deberá
enviar un correo electrónico ao profesorado responsable da materia, cunha copia ao
coordinador/a do Grao (fc.organizacion@uvigo.es). De non manifestarse esta
intención, enténdese que o alumno/a segue a avaliación continua, renunciando á
avaliación global na convocatoria ordinaria do dito cuadrimestre. As
datas dos exames deberán consultarse na páxina web da Facultade
https://fcomercio.uvigo.es/ CÓDIGO
DE BOAS PRÁCTICAS: 1. Puntualidade. Non se permitirá o acceso e a saída á clase
unha vez que o profesor/a entre na aula. 2. Só se permitirá o uso de teléfonos
móbiles durante as sesións de traballo cando o profesorado así o indique. 3. O
plaxio total ou parcial nas actividades impartidas dará lugar á súa nulidade. 4.
É fundamental coidar a gramática, a redacción e a ortografía das actividades
impartidas. O incumprimento desta norma dará lugar á invalidación das
actividades. 5. Para presentarse ás probas o alumno/a deberá presentarse ao exame
debidamente identificado, co seu DNI ou pasaporte, sen ningún outro documento
en vigor. 6. A revisión do exame realizarase só na hora e no lugar que
estableza o profesor/a. 7. No caso de incumprimento das anteriores normas, o
profesorado poderá adoptar as medidas que considere oportunas na lexislación
vixente. |