Resolución de problemas de forma autónoma |
Valoración global das actividades de repaso |
20 |
|
|
C18
|
|
1ª convocatoria xaneiro-maio A avaliación e a conseguinte cualificación do traballo do alumnado levarase
a cabo cun procedemento de avaliación continua de acordo coas porcentaxes
descritas máis arriba. O exame final escrito realizarase a última semana de clase.
A nota do exame escrito non deberá ser inferior a 4 para optar a superar a
materia. O alumnado pode renunciar á avaliación continua: para iso presentará un
escrito indicando o seu expreso desexo de renuncia durante o primeiro mes de
clase; a avaliación da materia obterana da cualificación alcanzada nun exame
único final co total do contido da materia. A nota do exame escrito non deberá
ser inferior a 5 para superar a materia. 2ª Convocatoria xuño-xullo Exame teórico-práctico escrito dos
contidos do curso polo 100% da cualificación. A nota do exame escrito non
deberá ser inferior a 5 para superar a materia. |