A materia introduce ao alumnado nos principios de deseño, desenvolvemento e implantación de xemelgos dixitais en contornas industriais robóticos. Preséntanse os principios de funcionamento de sistemas industriais con control de movementos (Robots, sistemas de mecanizado, sistemas automáticos de manipulación e transporte de pezas). Analízanse os principios de funcionamento dos sistemas obxectivo, as súas arquitecturas de control e de comunicacións e as variables de funcionamento significativas para o desenvolvemento de xemelgos dixitais dos mesmos. Analízase igualmente os estándares relevantes involucrados con obxecto de xeneralizar o desenvolvemento deste tipo de xemelgos dixitais e o acceso ás súas variables.