Guia docente 2024_25
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Internet das Cousas- IoT
 Materias
  Despregamento de rede para aplicacións de Smart Cities/Buildings
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2024_25
Materia Despregamento de rede para aplicacións de Smart Cities/Buildings Código V05M200V01210
Titulación
Máster Universitario en Internet das Cousas- IoT
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
3 OP 1 2c
Lingua de impartición
#EnglishFriendly
Prerrequisitos
Coordinador/a
Arias Acuña, Alberto Marcos
Vazquez Alejos, Ana
Rubiños López, José Óscar
Correo-e marcos@com.uvigo.es
analejos@uvigo.es
oscar@com.uvigo.es
Profesorado
Arias Acuña, Alberto Marcos
Rubiños López, José Óscar
Vazquez Alejos, Ana
Web http://moovi.uvigo.gal
Descrición xeral Esta materia ofrece formación integral sobre o despregue de redes para aplicacións IoT en contornas urbanas intelixentes e vehículos conectados. Ao rematar o curso, o alumnado desenvolverá competencias clave no deseño e implementación de sistemas de comunicacións sen fíos, tanto para contornas urbanas (Smart Cities e Smart Buildings) como para aplicacións de vehículos conectados (Smart Car).
Os estudantes aprenderán a comprender e aplicar conceptos fundamentais de cobertura e capacidade de enlace de radio, modelado de propagación de radio e despregue de redes. Ademais, afondaranse nos estándares de comunicacións móbiles sen fíos para aplicación urbasnas e vehiculares, proporcionando unha base sólida para a implantación práctica destes sistemas. Os estudantes tamén adquirirán destrezas para realizar despregues prácticos e validar medicións, así como elaborar informes técnicos e exposicións orais.
O contido do curso inclúe unha introdución ás comunicacións en Smart Cities, Smart Buildings e Smart Car, análise teórico-práctica de casos de uso, estudo de canles de radio para diferentes rangos e análise de subsistemas de capacidade e sub-sistemas hardware. Tamén se abordarán aspectos relacionados coa certificación radioeléctrica das comunicacións vnestas contornas e o seguimento dos indicadores clave de rendemento (KPI) e, ademáis da calidade da experiencia do usuario.
A materia responde á crecente demanda de coñecemento no ámbito da tecnoloxía IoT e 5G/6G, preparando ao estudiantado para contribuír ao desenvolvemento da Sociedade 5.0 mediante o despregaue de redes avanzadas en contornas urbanas e vehiculares.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000