Nesta materia introdúcense os conceptos básicos dos sistemas encaixados orientados a aplicacións IoT. Analízanse tanto desde o punto hardware, utilizando como exemplo a arquitectura ESP32 de Espressif, como desde o software mediante o estudo dunha contorna concreta de traballo. A materia ten un carácter eminentemente práctico.