Nesta materia introdúcense os elementos básicos que conforman os sistemas IoT. Faise especial énfase en tres bloques funcionais: os sensores e actuadores como dispositivos de interfaz entre o sistema e a súa contorna, os métodos de alimentación de sistemas de baixo consumo, e os recursos e os fundamentos de comunicación inalámbrica. No primeiro bloque o estudo céntrase no acondicionamento dos sinais a medir e os mecanismos de conexionado con procesadores dixitais. Dentro dos sistemas de alimentación priorízanse as tecnoloxías de recolección de enerxía do ambiente (energy harvesting) e os elementos de almacenamento de enerxía. Finalmente, dentro dos sistemas de comunicación inalámbrica analízanse os fundamentos de comunicación entre os diferentes dispositivos IoT que permitirán analizar e deseñar sistemas cumprindo as especificaciones necesarias para o bo funcionamento do sistema. Trátase dunha materia cun marcado carácter práctico.