Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Ciencia e tecnoloxías de información cuántica
 Materias
  Comunicacións cuánticas vía satélite
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A11 Adquirir unha base sólida sobre a teoría cuántica da información na súa aplicación ás comunicacións cuánticas, así como sobre a tecnoloxía dos dispositivos fotónicos empregados nas comunicacións cuánticas, tanto terrestres como aéreas e vía satélite.
A12 Adquirir habilidades para o deseño e estimación de recursos que permitan o desenvolvemento de canles e redes de comunicación cuántica e de computación distribuída. Coñecer o estado de desenvolvemento e implantación actual das redes cuánticas, e os plans para a súa expansión.
A13 Coñecer as estratexias de criptografía cuántica e a súa viabilidade e solvencia no contexto da internet cuántica, a cadea de bloques cuántica e as comunicacións secretas, adquirindo unha visión panorámica dos actores que serán esenciais no seu despregamento.
B11 Coñecemento das comunicacións cuánticas, principios teóricos e implementacións experimentais, tanto terrestres como aéreas e vía satélite.
B12 Ter coñecementos sobre a criptografía cuántica, as súas bases teóricas, as implementacións existentes e os retos aos que se enfrontan.
C1 Analizar e desglosar un concepto complexo, examinar cada parte e observar como encaixan
C2 Clasificar e identificar tipos ou grupos, mostrando como cada categoría é diferente das demais
C3 Comparar e contrastar e sinalar semellanzas e diferenzas entre dous ou máis temas ou conceptos
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000