Esta materia proporciona ao alumno os conceptos e técnicas básicas de funcionamento dos sistemas de comunicación cuántica, facendo especial fincapé na construción de canles de comunicación seguras e na análise dos protocolos nos que se basean. Debaterase a distribución cuántica de claves, as diferentes posibilidades de implantación tecnolóxica e as técnicas de análise de seguridade destes esquemas.