Avaliación continua: Constará de tres probas: Resolución de problemas fóra da aula 1: Valor 30%. Resolución de problemas relacionados coa primeira metade do curso. Tamén se valorará a asistencia continuada e a participación na clase. Resolución de problemas fóra da aula 2: Valor 30%. Resolución de problemas relacionados coa segunda metade do curso. Tamén se valorará a asistencia continuada e a participación na clase. Exame final. Valor 40%. Constará dunha parte de preguntas obxectivas (20%) e unha parte de resolución de problemas (20%). Avaliación global: Realizarase un exame composto por preguntas obxectivas (20%) e resolución de problemas (80%) que valerá o 100% da nota da materia. Este esquema de avaliación é válido tanto para a oportunidade ordinaria como para a extraordinaria. Compromiso ético: espérase que o alumno/a mostre un comportamento ético adecuado. No caso de detectarse comportamentos pouco éticos (copia, plaxio, uso de dispositivos electrónicos non autorizados, etc.), considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso, a cualificación final da oportunidade de avaliación correspondente será de suspenso (0,0). |