O Traballo Fin de Máster consistirá nun exercicio orixinal realizado individualmente, consistente nun proxecto de investigación ou innovación relacionado coa visión por computador. O proxecto poderá levarse a cabo a proposta dunha empresa, organización pública, universidade, centro de investigación ou centro tecnolóxico que teña asinado un convenio de colaboración con algunhas das universidades participantes no máster ou nun grupo de investigación da USC, UDC, UVigo ou U.Porto. En todos os casos, o TFM será titorizado ou co-titorizado por profesorado dos departamentos implicados na impartición do Máster, ou de profesorado doutor das universidades participantes que conten coa autorización da Comisión Académica Interuniversitaria. |
|