Esta materia contén temas avanzados en procesado e análise de imaxe e preséntase como a segunda parte doutra materia onde se tratan os temas fundamentais. Foi deseñada para proporcionar os fundamentos esenciais para estudantes que queiran continuar coa investigación nesta área. Ademais do estudo de técnicas avanzadas en procesado e análise de imaxe, estudaranse aplicacións nesta área para resolver problemas reais. Esta materia proporciona as ferramentas necesarias para aplicar os algoritmos estudados en casos prácticos así como para desenvolver novos algoritmos.