Nesta materia móstrase unha visión xeral da seguridade en dispositivos móbiles con diferentes características. Partindo do estudo da arquitectura destes dispositivos, descubriremos o seu funcionamento interno e cales son as principais ferramentas de seguridade que inclúen, xunto cos riscos e ameazas que sofren. Estudiaremos como atopar, analizar e mitigar as vulnerabilidades que afectan aos dispositivos móbiles, usando ferramentas de análise forense, de desenvolvemento de aplicacións seguras e de xestión de dispositivos en contornos empresariais.