Para
superar a materia é necesario completar as distintas partes nas
que se divide (exame ou exámenes acerca dos contidos
expostos na sesión maxistral e o proxecto). A nota final será
o resultado de aplicar a media xeométrica ponderada da
nota de cada unha das partes.
Así, se a nota das sesións maxistrais é NT, a nota
do proxecto é NP e a nota das prácticas é NL, a nota final
será:
Nota = NT^0.3 ✕ NP^0.4 ✕ NL^0.3
Durante o primeiro mes, o estudiantado deberá indicar explícitamente e por escrito o seu desexo de cursar a materia seguindo
a evaluación global. Noutro caso se considerará que seguen a
availiación continua. Quen sigan a avaliación continua non
se podrán considerar "non presentados" así que realicen
a entrega do primeiro cuestionario ou tarefa.
O alumnado que opte pola avaliación global deberá presentar
adicionalmente un dossier que deberá defender presencialmente ante o profesorado, no que se inclúan todos os
detalles sobre a realización das distintas tarefas, e moi
especialmente o proxecto. No caso de seguir a avaliación
global, os alumnos/as deberán realizar o traballo de
forma individual, salvo que o profesorado comuníquelles explícitamente a autorización para realizalo en grupo.
Avaliación extraordinaria
Só podrán optar á avaliación extraordinaria quen non supere
a primeira oportunidade (ao finalizar o cuadrimestre). A
avaliación será a descrita nos apartados anteriores, pero
adicionalmente será necesario presentar un dossier, que
deberá ser defendido presencialmente ante o profesorado, no que se inclúan todos os detalles sobre a realización das distintas tarefas, moi especialmente o proxecto.
Quen seguise a avaliación continua pode optar por manter
as notas obtidas na primeira oportunidade para as
distintas partes da materia ou descartalas.
Outros comentarios As puntuacións obtidas só son válidas para o curso
académico en vigor. Aínda que o proxecto se desenvolverá (na
medida do posible) en grupos, o alumnado debe gardar evidencias
do seu traballo individual dentro do grupo. No caso no que o
rendemento dun alumno ou alumna non sexa acorde ao dos seus compañeiros
de grupo, se considerará a súa expulsión do mesmo e/ou podrá ser
avaliado/a de forma completamente individual nesta parte.
O uso de calquera material durante a realización dos
exámenes tendrá que ser autorizado explícitamente polo profesorado. En caso de detección de plaxio ou de comportamento non ético nalgún
dos traballos/probas realizadas, a calificación da
materia será de "suspenso (0)" e os profesores
comunicarán o asunto ás autoridades académicas para que tomen
as medidas oportunas. Na realización das actividades académicas desta materia permítese o
uso de intelixencia artificial xenerativa (IAX). O seu uso debe
realizarse de forma ética, crítica e responsable. No caso de
utilizar IAX, debe avaliarse de forma crítica calquera resultado que
proporcione, e verificar de forma coidadosa calquera cita ou referencia
xerada. Así mesmo, recoméndase declarar o uso das ferramentas
utilizadas. |