Guia docente 2024_25
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Ciberseguridade
 Materias
  Ciberseguridade industrial e IoT
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
B9 Identificar a arquitectura dos sistemas IoT, a súa complexidade e vulnerabilidades, así como comprender a seguridade no ámbito dos sistemas embebidos e dos sistemas de comunicación IoT.
C9 Analizar as implicacións do nivel de seguridade das tecnoloxías relacionadas coa dixitalización dos sectores produtivos, así como avaliar e modelar as ameazas e executar ataques co obxectivo de deseñar sistemas de IoT seguros.
D2 Demostrar autonomía e iniciativa para resolver problemas complexos que impliquen múltiples tecnoloxías no ámbito das redes ou sistemas de comunicación, e desenvolver solucións innovadoras no ámbito das comunicacións e informática distribuídas privadas.
D5 Analizar a seguridade dos protocolos de comunicación na capa física; ligazón; de rede e transporte, así como avaliar nunha rede corporativa as medidas de seguridade que se deben implantar para protexer os seus bens internos e comunicacións.
D7 Aplicar políticas de seguridade e implementar as diferentes técnicas de protección baseadas na comprensión dos ataques a sistemas industriais para minimizar os problemas de seguridade e os ataques ás redes de control industrial.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000