Esta materia realiza un repaso polas capas da arquitectura de comunicacións de Internet, mostrando as súas principais debilidades desde o punto de vista da seguridade, e proporcionando as técnicas e ferramentas necesarias para mitigalas. Os estudantes coñecerán en detalle os protocolos de rede que provén de seguridade á transmisión da información, e as implicacións derivadas do lugar que ocupan dentro da arquitectura en que se organiza o software de comunicacións.