Guia docente 2024_25
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
 Materias
  Deseño de Circuítos de Microondas e Ondas Milimétricas e CAD
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2024_25
Materia Deseño de Circuítos de Microondas e Ondas Milimétricas e CAD Código V05M145V01317
Titulación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
5 OP 2 1c
Lingua de impartición
Inglés
Prerrequisitos
Coordinador/a
Fernández Barciela, Mónica
Correo-e monica.barciela@uvigo.es
Profesorado
Fernández Barciela, Mónica
Web http://moovi.uvigo.gal/
Descrición xeral O rendemento dos sistemas de comunicacións actuais depende en gran medida da technología dispoñible para a fabricación dos seus transceptores. Para poder comprender o complexos que poden chegar a ser estes sub-sistemas, o seu rendemento, especificacións e limitacións, en particular nas bandas de microondas e ondas milimétricas, é obrigatorio achegarse á electronica analóxica que subxacente ao seu deseño e aos métodos dispoñibles para a súa fabricación. E este achegamento nó só pode ser puramente teórico, en aspectos como o funcionamento dos dispositivos activos ou os métodos de deseño e fabricación, se non que aínda é máis importante dispor dun coñecemento práctico sobre o deseño, fabricación medida e avaliación do rendemento dos módulos dos transceptores. O alumnado xa adquiriu durante o primeiro curso do Máster o substrato teórico, a través de materias obrigatorias previas.

Esta materia ten como obxectivo proporcionar ao alumnado coñecemento práctico sobre cómo deseñar, fabricar en tecnoloxía integrada híbrida e caracterizar o rendemento dun prototipo circuital; en concreto, un dos módulos analóxicos utilizados nos transceptores modernos para as bandas dos microondas (amplificadores de potencia, osciladores ou mesturadores). Con este obxectivo en mente, a maior parte das horas da materia (tanto presenciais como de traballo persoal do alumnado, investiranse no deseño e fabricación deste prototipo en diversas fases, cada unha delas será evaluada. Ademais deste traballo práctico, e como complemento necesario, dedicaranse 5 horas a describer brevemente as regras e metodoloxías para o deseño dalgúns dos subsistemas avanzados para os transceptores presentes e futuros que traballan nas bandas de microondas e ondas milimétricas. Entre outros, cabe destacar aspectos relacionados co deseño de amplificadores eficientes enerxéticamente e o uso dos parámetros X para caracterizar estes componentes non lineais.

A asignatura será impartida íntegramente en inglés, tanto na exposición oral coma nas comunicacions escritas co alumnado, así como na documentación técnica e informes proporcionados.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000