A cualificación final expresarase de forma numérica entre
0 e 10, segundo a lexislación vixente (Real Decreto 1125/2003 de 5 de Setembro;
BOE 18 de setembro). Seguindo as directrices propias da titulación ofrecerase
aos alumnos que cursen esta materia dous sistemas de avaliación: avaliación
continua e avaliación global. Os alumnos deben elixir ao inicio da materia se
desexan seguir a avaliación continua ou prefiren presentarse a avaliación global ao final
do cuadrimestre. Os alumnos que opten por avaliación global deberán comunicalo por escrito ao coordinador da materia no prazo dun mes dende o inicio do cuadrimestre. AVALIACIÓN CONTINUA EN OPORTUNIDADE ORDINARIA
Os alumnos que opten por avaliación continua, pero non
aproben a materia mediante esta modalidade, deberán realizar a avaliación global na oportunidade extraordinaria. As distintas tarefas deben entregarse na data
especificada polo profesor. Se non é así, non serán cualificadas para a avaliación
continua. Se o número de alumnos o permite, os alumnos realizarán os exercicios teóricos, as
prácticas de laboratorio e os traballos de laboratorio preferentemente de maneira
individual. No caso de realizarse en grupos de dous alumnos a cualificación
será a mesma para ambos. Se se segue a materia de forma continua, pódese faltar
como máximo a 2 sesións de calquera tipo. Se se faltou a máis de 2 sesións, será
obrigatorio realizar un traballo individual adicional ou un exame. AVALIACIÓN GLOBAL (oportunidade ordinaria e extraordinaria) E CONVOCATORIA DE FIN DE CARREIRA
O estudantado que opte pola avaliación global ou a convocatoria fin de carreira deberá realizar todas as tarefas teóricas e prácticas e os traballos individualmente. A entrega das tarefas para a avaliación global debe realizarse antes da data oficial do exame establecida polo centro. CUALIFICACIÓN FINAL DA MATERIA 1) Prácticas de laboratorio. Cada práctica puntuarase sobre 10. Logo ponderarase a súa influencia na nota total da materia en función do número de horas asignado a cada tema práctico. É dicir, a nota das prácticas, obtense da forma seguinte: PL = Nota Tema 1L + ... + Nota Tema 7L 2) Exercicios teóricos e problemas. Avaliarase cada un dos exercicios e problemas plantexados nas sesións de teoría. Cada exercicio puntuarase sobre 10. Logo ponderarase a súa influencia na nota total da materia en función da dificultade e da lonxitude do exercicio. O exercicio principal consiste na realización dunha rutina software e un periférico hardware para realizar a función asignada a cada alumno e comparar as prestacións de ambos, en canto a tempo de execución e recursos lóxicos utilizados. O contido correspóndese co tema 7 de teoría. Será necesario ensinar o profesor o funcionamento de cada un dos circuítos e programas. Será necesario entregar una memoria breve explicando o traballo realizado. A nota total será a suma das notas de cada un dos exercicios: ET = Exercicio 1 + ... + Exercicio N 3) Traballo tutelado. Traballo de deseño dun sistema encaixado. Avaliarase o correcto funcionamento dos circuítos e programas desenrolados. O traballo práctico puntuarase sobre 10. 4) Presentación. Exposición oral do traballo realizado. A presentación puntuarase sobre 10. En caso de superar os exercicios teóricos (ET), as prácticas de laboratorio (PL) e o traballo autónomo (TA), é dicir, que a nota de cada parte >= 5, a cualificación final (NF) será a suma ponderada das notas de cada parte da materia: NF = 0,25 * ET + 0,25 * PL + 0,40 * TA + 0,10 * PO En caso de non superar algunha do tres probas (nota dalgunha proba < 5), a cualificación final (NF) será: NF = mínimo [4,9; (0,25 * ET + 0,25 * PL + 0,40 * TA + 0,10 * PO) ] Sendo: ET = Nota conxunta dos exercicios e problemas teóricos. PL = Nota conxunta das prácticas de laboratorio. TA = Traballo Autónomo práctico. PO = Presentación Oral. En caso de detección de copia en calquera das probas, a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos. |