Convocatoria en oportunidade ordinaria: Seguindo as directrices propias da titulación ofrecerase a quen curse esta materia dous sistemas de avaliación: AVALIACIÓN CONTINUA, que é o método recomendado e ao redor do cal se organizan as actividades docentes, e unha opción de AVALIACIÓN GLOBAL, que soamente se recomenda naquelas situacións nas que resulta imposible seguir o sistema recomendado.
AVALIACIÓN CONTINUA
A avaliación continua consta das probas que se detallan a continuación: * Prácticas de laboratorio. Avaliación en grupo (Peso: 50%) * Probas de resposta curta. Avaliación individual (Peso: 50%)
A asistencia a estas prácticas de laboratorio considérase obrigatoria.
Ao final de cada sesión de prácticas os alumnos deben entregar un
informe cos resultados obtidos, que constitue o obxeto de avaliación.
Óptase polo sistema de avaliación continua coa asistencia a
calquera das sesións de prácticas en laboratorio e a entrega do informe, a partir do primeiro mes de curso.
Con valoración en grupo, todos os compoñentes do grupo terán a mesma calificación, sempre e cando a súa aportación nas sesións de asistencia obrigatoria sexa razonablemente similar.
As tarefas de avaliación continua non son recuperables, e só son válidas para o curso actual.
De seguirse a evaluación continua, a calificación final non poderá ser non presentado
Non poderá seguir o procedemento de evaluación continua alguen que no teña realizado al menos o 50 % das prácticas
AVALIACIÓN GLOBAL A avaliación global consta das probas que se detallan a continuación: * Exame sobre prácticas de laboratorio. Avaliación individual (Peso: 50%) * Proba de resposta curta. Avaliación individual (Peso: 50%)
Convocatoria en oportunidade extraordinaria:
A persoa que fose avaliada por Avaliación Continua pode optar entre dúas posibilidades o mesmo día do exame: * Realizar de novo a Proba de resposta curta na data oficial asignada polo Centro e ser avaliada segundo o estipulado para o sistema de AVALIACIÓN CONTINUA. * Ser avaliada cun único exame final na data oficial asignada polo Centro, segundo o estipulado para o sistema de AVALIACIÓN GLOBAL. A persoa que NON fose avaliada por Avaliación continua:
* Será avaliada cun único exame final na data oficial asignada polo Centro, segundo o estipulado para o sistema de AVALIACIÓN GLOBAL.
Convocatoria fin de carreira:En convocatoria fin de carreira, a/o alumna/o será avaliada/o cun único exame final na data oficial asignada polo Centro, segundo o estipulado para o sistema de AVALIACIÓN GLOBAL. No caso de detección de plaxio en calquera das probas ou traballos, a calificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos. |