Docencia teórica de Grupos A: Realizarase a través de clases online (síncronas ou asíncronas), co apoio da documentación en Moovi.
Docencia de Grupos B ou docencia práctica de Grupo A: A través de clases online (síncronas ou asíncronas), proporcionarase aos alumnos unha descrición/explicación de cada práctica ou problema a resolver, e resolveranse as súas dúbidas, de forma que, xunto á documentación e os ficheiros de
apoio (así como a licenza do simulador), poidan desenvolver as prácticas ou realizar os exercicios de forma autónoma non presencial.
Avaliación:
En Avaliación Continua: Mantéñense os 2 Puntuables planificados (igual peso de CTM e características) que se realizarán por medios telemáticos online.
A/s proba/s de avaliación das clases prácticas (TIC) de microondas poderán ser online (con apoio do simulador) ou probas entregables tipo resolución de problemas/deseños ou realización de traballos/informes.
A/s proba/s de avaliación da parte de RF (entregables) non cambian.
En Avaliación Única mediante Exame Final, o exame será online (sen cambio nas súas características). |