Seguindo as directrices propias da titulación, ofrecese ao alumnado que curse esta materia dous posibles sistemas de avaliación: 1) Avaliación continua: A cualificación final é o resultado de sumar as notas do exame (ata 4 puntos), e dos informes de prácticas (ata 6 puntos). Para superar a materia é necesario obter alomenos unha cualificación de 35% no exame. De non selo caso, a nota final será: a) 4.9, se a nota final que se tería obtido sen o requisito do 35% no exame non é inferior a 5; b) Diretamente a obtida no exame, noutro caso. De cara á oportunidade extraordinaria, manteránse as notas obtidas nos informes de prácticas, e poderase repetir o exame final. 2) Avaliación global ao remate do cuatrimestre: A cualificación final é a obtida no exame final, tanto na oportunidade ordinaria como na extraordinaria. Considérase que se opta pola avaliación continua no momento en que se entrega calquera informe de prácticas. Os informes e o exame poderanse realizar indistintamente en galego, castelán ou inglés. En caso de detección de copia en calquera das probas (informes de prácticas ou exame final), a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos. |