Os estudantes poden optar por avaliación continua ou por avaliación global. 1.- As probas de avaliación continua permiten ao estudante obter unha cualificación final baseada unicamente na súa traxectoria ao longo do curso, e consisten en: 1.1. Probas de resposta curta periódicas que se levarán a cabo ao principio ou ao final da clase, que suman un 30%.
1.2. Probas de resposta curta nos seminarios, que suman un 20%
1.3. Probas prácticas para a avaliación dos traballos tutelados (25%) e a presentación dos mesmos (25%)
As tarefas de avaliaciónn continua non son recuperables, e só son válidas para o curso actual. Un estudante suponse que optou por avaliación continua cando se presentou a unha das probas de resposta longa e participe en dúas actividades de debate en seminarios. Un estudante que opta pola avaliación continua considérase que se presentou á materia, independentemente de que se presente ou non ao exame final.
Si un estudante, tendo presentado a avaliación continua, opta por presentarse ao exame final, a nota final da materia sería a media de ambas.
2.- Exame de avaliación global. Conforme aos regulamentos da Universidade de Vigo, o estudante que o desexe poderá optar ao 100% da nota final mediante un único exame final. O exame de avaliación global é aquel que se realiza nas datas oficiais marcadas en Xunta de Escola nos meses de Decembro ou Xaneiro en oportunidade ordinaria (ou Xullo, no caso da oportunidade extraordinaria), e ao que deben asistir obrigatoriamente aqueles estudantes que non optaron por avaliación continua e desexen aprobar a materia. O exame final constará dunha proba de desenvolvemento, de dez preguntas, segundo o descrito no apartado de avaliación. Pode preguntarse calquera contido explicado en clases de aula, seminarios ou presentacións de proxectos.
O exame de oportunidade extraordinaria terá unha estrutura similar ao exame final. English Friendly Materia do programa English Friendly. Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliográficas para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés. Código ético En caso de detección de copia en calquera das probas (probas curtas, exames parciais ou exame final), a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos. |