Educational guide 2024_25
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
 Materias
  A Enxeñaría de Telecomunicación na Sociedade da Información
   Contidos
Tema Subtema
Seminario sobre a Enxeñaría na Sociedade 1.Actividade profesional e implicacións éticas
Descrición da actividade profesional da Enxeñaría de Telecomunicación (a ser posible coa colaboración de titulados na Escola), as implicacións éticas do seu traballo e aspectos de desenvolvemento profesional. Interación dos alumnos cos poñentes.

2. Implicación na Sociedade mediante Design Thinking. Búscase a familiarización con unha metodoloxía que fomenta nos fututos enxeñeiros a vocación de mirar cara a sociedade e tratar de buscar solucións ou de resolver problemas que afectan directa e persoalmente a usuarios concretos.

Competencias relacionadas: C15, D4, A3 e B9
As atribucións profesionais e a súa historia Historicamente, hai oito atribucións profesionais asignadas á Enxeñaría de Telecomunicación. Ao longo deste tema centrámonos no desenvolvemento histórico de sistemas ou aplicacións relacionadas con estas atribucións profesionais, asi como na lexislación nacional ou europea de aplicación a cada un deles:
* Televisión
* Cable (incluíndo a súa influencia na pequena historia local: Vigo foi base de cableiros alemáns e ingleses)
* Espectro radioeléctrico (descrición e xestión, tendo en conta a lexislación nacional e internacional)
* Internet e a súa influencia na sociedade
* Telefonía móbil (incluindo efectos sobre a saúde)
* Peritaxes e ditames.

Competencias relacionadas: B13 e D3
Nunha sociedade multidisciplinar A proposta para o traballo en grupos C céntrase na resolución de problemas ou situacións da sociedade na que vivimos, non estritamente relacionados coa Enxeñaría de Telecomunicación, para que os alumnos comprendan a súa implicación en múltiples ámbitos da sociedade e como poden influír nela con solucións expostas desde as súas competencias e habilidades de Enxeñaría.

Competencias relacionadas: B7, C15, D3 e D4
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000