Traballo tutelado |
O estudante debe desenvolver en grupo e presentar un informe final de dous traballos que se exporán ao longo da materia:
1. Procedemento de medida para ruído ambiental exterior e medidas conforme o procedemento deseñado
2. Dimensionado dun proxecto de illamento conforme á lexislación vixente (CTE-DB HR, opción simplificada).
Con esta metodoloxía trabállanse as competencias B2, B5, B7, B8, C75, C78, C79. |
Prácticas de laboratorio |
Desenvolvemento de prácticas en grupo sobre técnicas de medida de:
1. Caracterización e avaliación de molestia de ruído. Mostraxe espacial e temporal.
2. Medición de ruído ao paso de vehículos.
3. Medida de illamento acústico en edificios.
4. Suposto de incerteza das medidas realizadas nas sesión práctica 3.
5. Estimación de incertezas polo método de Monte Carlo.
Software empregado: Excel, Matlab/Python
Con esta metodoloxía trabállanse as competencias B2, B5, B7, B8, C78, C79. |
Lección maxistral |
Exposición por parte do profesor dos contidos da materia, fomentando a discusión crítica dos conceptos.
Con esta metodoloxía trabállanse as competencias B2, B5, B7, B8, C75, C78, C79.
|