Lección maxistral |
Exposición por parte do profesorado dos contidos da materia "Teledetección": fundamentos, bases teóricas, aplicacións, etc.
Resérvase para as sesións de grupo grande (A): 1 sesión á semana, 2 horas por sesión.
Con esta metodoloxía trabállanse as competencias C65, C66, D2, e B3. |
Prácticas de laboratorio |
Actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedementais relacionadas coa materia obxecto de estudo.
Desenvólvense en laboratorios co equipamento adecuado.
Son dúas sesións presenciais de 2 horas cada unha: unha centrada en calibración de sensores (usando LEGO Mindstorm), e outra en termografía por infravermellos (aprendendo a manexar cámaras termográficas), para realizar en grupos medianos (B).
Con esta metodoloxía trabállanse as competencias C65, C66, D4, e B4.
|
Prácticas con apoio das TIC |
Actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedementais relacionadas coa materia obxecto de estudo.
Desenvólvense en laboratorios con computadores.
Son cinco sesións de dúas horas cada unha:
1. Fundamentos de RADAR, mediante un xogo de computador deseñado especificamente, "RADAR Technology".
2. Procesamento e interpretación de imaxes satelitais, cun programa de procesamento de imaxes, MultiSpec (abrangue catro sesións).
Con esta metodoloxía trabállanse as competencias B4, B7, B9, D4, e D3.
|
Traballo tutelado |
Asignarase un reto que deberán desenvolver en grupos de 5-7 estudantes (grupo C). O reto incluirá tanto a electrónica como a narración. Á discusión e seguimento do proxecto dedicaranse sesións presenciais, e cada contido estará definido previamente.
A interacción co profesoreado será presencial con cinco reunións dunha hora, ocupadas en discusión e seguimento do proxecto.
De ser necesario, proporíanse sesións de tutorización ou seguimento adicionais.
Con esta metodoloxía trabállanse as competencias B4, B7, B9, D4, e D3. |
Actividades introdutorias |
Actividades encamiñadas a tomar contacto e a reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia.
Para esta actividade resérvase unha hora presencial de grupo A, na que se presenta a materia, explícanse as prácticas de laboratorio e informáticas, e o que se espera dos traballos en grupo C.
Con esta metodoloxía trabállanse as competencias C65, C66, e B4. |