Tema |
Subtema |
Tema 1: Introdución |
Principios e clasificación dos dispositivos optoelectrónicos. Unidades radiométricas e fotométricas e a súa relación. |
Tema 2: Diodos Emisores de Luz |
Principios de funcionamento do LED. Tipos de LEDs e propiedades. Parámetros e características. Circuítos de control. Aplicacións básicas. |
Tema 3: Detectores Optoelectrónicos |
Resistencias Dependentes da Luz: Principios de funcionamento das LDRs, parámetros, circuítos de control e aplicacións. Fotodiodos: principio de funcionamento dos detectores fotoconductivos, tipos, parámetros, circuítos de control e aplicacións. Fototransistores: principios de funcionamento dos fototransistores, tipos, parámetros, circuítos de control e aplicacións. Comparación entre fotodetectores. |
Tema 4: Células solares |
Detectores fotovoltaicos: principios e propiedades. Fabricación e prestacións dos paneis solares, parámetros e características. Aplicacións. |
Tema 5: Diodos Láser |
Principios de funcionamento do láser. Tipos de láser. Funcionamento do diodo láser. Circuítos de control e aplicacións. |
Tema 6: Sensores de Imaxe |
Principios de operación dos sensores CCD e CMOS. Parámetros e características. Detección de cor. Aplicacións. |
Tema 7: Sensores Ópticos |
Principios de funcionamento dos sensores ópticos. Deseño interno, tipos, parámetros e aplicacións de: optoacopladores, sensores de detección de obxectos, lectores de códigos de barras, sensores de humidade, detección de cor, sensores de distancia, anemómetros, sensores de temperatura e sensores biomédicos. |
Tema 8: Tecnoloxías de visualizadores |
Principios de funcionamento dos visualizadores de cristal líquido. Principios de funcionamento dos visualizadores LED e LCD. Introdución ás tecnoloxías de plasma, electroluminiscencia e procesadores dixitais de luz. |
Tema 9: Introdución á Fibra Óptica |
Principios de funcionamento da fibra óptica. Clasificación das fibras. Emisores e detectores de fibra óptica. Principios das comunicacións baseadas en fibra óptica. Principio de funcionamento dos sensores de fibra óptica. |
Prácticas de Laboratorio |
1. Circuítos optoelectrónicos básicos. LEDs e LDRs. Medidas de laboratorio.
2. Modulación óptica analogica. Detectores ópticos baseados en fotodiodos e fototransistores.
3. Sensores optoelectrónicos para detección de obxectos.
4. Comunicacións dixitais baseadas en fibra óptica.
5. Circuítos ópticos para a medida de cor.
6. Sensor LASER para a medida de distancia. Medidas con espectrómetro
7. Outros sensores optoelectrónicos
|