Prácticas de laboratorio |
Realización por parte do alumnado de prácticas guiadas.
Con esta metodoloxía trabállanse as competencias CT2, CT3, CG3, CG4, CE87 e CE88.
Utilízase o seguinte software:
- Sistema Linux con terminal e contorno de compilación para C.
- Navegador web.
- Contorno de virtualización VirtualBox e VMware.
- Proporcionaranse máquinas virtuais con un contorno de compilacion cruzada ARM e QtCreator.
- Android Studio con NDK.
- PSoC Creator |
Aprendizaxe baseado en proxectos |
Utilízase ensino baseado en proxectos de aprendizaxe: o estudantado leva a cabo a realización dun proxecto ao longo do cuadrimestre para resolver un problema complexo mediante a planificación, deseño e realización dunha serie de actividades.
Con esta metodoloxía trabállanse as competencias CT2, CT3, CT4, CG3, CG4, CG9, CE87 e CE88 |