|
Descrición |
Cualificación |
Resultados de Formación e Aprendizaxe |
Aprendizaxe baseado en proxectos |
O alumnado, organizado en grupos de 2-3 persoas (segundo o
criterio do profesorado), deberá desenvolver un proxecto vinculado
ao dominio da TV dixital por difusión ou á transmisión de vídeo sobre redes IP. O devandito proxecto incluirá o código e a documentación necesaria para xustificar as decisións de deseño e os criterios considerados no desenvolvemento da solución proposta.
Dado que cada membro do grupo deberá identificar que parte do proxecto desenvolveu, a nota de cada estudante asignarase individualmente en función dos seguintes criterios: (i) a calidade da memoria presentada na que se documente esa parte, e (ii) a relevancia e utilidade das funcionalidades ofrecidas nela. |
20 |
|
B3 B6
|
|
D3
|
Prácticas con apoio das TIC |
O alumnado, organizado por parellas, entregará un informe no que documente a solución proposta para a primera práctica das sesións B, que tratará sobre os formatos de codificación empregados na transmisión da información multimedia sobre redes telemáticas. No caso de ser necesario, incluiranse tamén o software usado no desenvolvemento da solución proposta. |
15 |
|
B3
|
C84
|
|
Prácticas con apoio das TIC |
O alumnado, organizado en parellas, entregará un informe no que documente convenientemente a solución proposta para a segunda das prácticas definidas nas sesións B, que versará sobre a difusión de Televisión Dixital. |
15 |
|
B3 B6
|
C84
|
|
Presentación |
O alumnado, organizado en grupo de 2-3 persoas (segundo o criterio do profesorado) presentarán as principais decisións do deseño e os detalles da implantación do proxecto proposto nas sesións tipo C. Cada estudante deberá identificar a parte do traballo desenvolvida, facendo unha proba de funcionamento en tempo real.
A nota de cada membro do grupo dependerá dos seguintes criterios: (i) relevancia da contribución ó proxecto global, (ii) complexidade de dita contribución e (iii) desempeño durante a exhibición dos contidos descritos na presentación.
|
10 |
|
B3 B6
|
|
D3
|
Exame de preguntas obxectivas |
Cada estudante deberá realizar, individualmente e sen material de apoio, un exame de tipo test no que validará o seu nivel de entendemento sobre os conceptos teóricos das materias tratados nas sesións maxistrais. Non se permitirá ningún tipo de material de apoio. A nota mínima exixida nesta proba será 1.5 puntos (sobre 4).
|
40 |
|
B3 B6
|
|
|
|
Outros comentarios sobre a Avaliación |
As clases impartiranse en castelá aínda que todo o material da materia estará dispoñible en inglés. Existen dúas modalidades na avaliación da materia: avaliación continua (AC) e avaliación global (AG). En calquera dos dous esquemas, só se superará a materia en caso de acadar polo menos 5 puntos (sobre un total de 10). O alumnado deberá elixir unha das dúas modalidades tendo en conta as seguintes restricións: - A AC inclúe as 5 probas descritas anteriormente.
- Mediante a entrega da primeira práctica das sesións B (a finais de outubro, previsiblemente), o alumnado comprométese a seguir a AC e renuncia á AG; dende ese momento non poderá figurar coma "Non presentado".
- O alumnado que non entregue a primeira práctica B renuncia á AC, de modo que será avaliado mediante o mecanismo de AG. Non existe a posibilidade de sumarse á AC nas seguintes probas intermedias.
- A planificación das diferentes probas de avaliación intermedia aprobarase nunha Comisión Académica de Grado (CAG) e estará dispoñible ó principio do cuadrimestre.
- As probas de AC non serán en ningún caso recuperables, e non poderán repetirse fóra das datas estipuladas polo equipo docente.
- Non se gardarán cualificacións (de probas de AC nin de proxectos prácticos ou exames finais) dun curso a outro.
- A AC se aplicará na oportunidade ordinaria. Na oportunidade extraordinaria e na convocatoria fin de carreira rexe unicamente o mecanismo de AG.
- No caso de detección de copia en calquera das probas (probas curtas, exames parciais ou exame final), a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito comunicaráselle á dirección do Centro para os efectos oportunos.
O alumnado que participe na AC na oportunidade ordinaria serán avaliado como segue: - A AC supón o 100% da nota final e consiste en 5 probas descritas previamente (un exame de tipo test cunha nota mínima exixida de 1.5 puntos sobre 4, entrega individual de dúas prácticas correspondentes ás sesións B, entrega do software e documentación dun proxecto práctico, e presentación das principais decisións de deseño e a implantación do devandito proxecto, incluíndo a demostración do seu funcionamento). O alumnado escolle AC no momento no que entrega a primeira práctica B.
O alumnado que opte pola AG na oportunidade ordinaria será avaliado como segue: - Exame final que se realizará na data oficial fixada para ese efecto pola Xunta de Escola. O devandito exame incluirá preguntas de resposta curta ou de tipo test, ademáis de problemas ou casos de uso que deberá analizar e resolver o alumnado. Esta proba suporá o 50% da cualificación final. Non se permitirá ningún material de apoio. Exíxese unha nota mínima de 3.75 puntos sobre 5.
- Entrega dun proxecto no que se incluirá software e documentación para xustificar cada decisión de deseño e a implantación considerados no desenvolvemento da solución proposta. O proxecto suporá o 50% da cualificación final. O proxecto desenvolverase de forma individual.
O alumnado que non supere a materia ao final do cuadrimestre terá unha oportunidade extraordinaria ao final do curso na que non se aplicará o mecanismo de AC, de modo que a avaliación farase mediante o esquema de AG descrito anteriormente (50% exame final na data oficial aprobada pola Xunta de Escola + 50% proxecto entregado individualmente na data publicada a través de Moovi). O mesmo mecanismo de avaliación aplicarase na convocatoria fin de carreira.
En calquera convocatoria, a calificación na acta do alumnado que obteña al menos 5 puntos pero non supere a nota mínima da teoría será suspenso (4.9).
Na realización das actividades académicas desta materia permítese o uso de intelixencia artificial xerativa (IAX). O seu uso debe realizarse de forma ética, crítica e responsable. No caso de empregar IAX, debe avaliase de forma crítica calquera resultado que proporcione, e verificar de forma coidadosa calquera cita ou referencia xerada. Asemade, recoméndase declarar o uso das ferramentas utilizadas. |