Os alumnos que superen a asignatura seguindo o proceso de avaliación contínua, poderán presentarse ao exame final para subir nota a calquera das dúas partes.
Os alumnos que non superen o proceso de avaliación contínua, poderán presentarse a todo o exame ou únicamente a aquela parte na que obteñan menos de 4 puntos, tanto na convocatoria ordinaria como extraordinaria.
Unha vez obtido o aprobado na oportunidad ordinaria a cualificación
obtida considerarase definitiva.
AVALIACIÓN GLOBAL
Si o alumno renuncia ao proceso de avaliación contínua, será avaliado mediante exame final na data oficial asignada polo Centro. O exame final terá a estrutura seguinte:
- Parte escrita, correspondente con a resolución de problemas e probas de resposta curta.
- Parte práctica: cuestións prácticas e entrega dun traballo adicional solicitado polo profesor, na data oficial na correspondente convocatoria.
- Realizaranse nas datas publicadas polo centro.
O alumno de avaliación global deberá demostrar que adquiriu as mesmas competencias que os alumnos que opten por
a avaliación continua. A nota do exame final obterase como media entre a parte escrita e a parte práctica (preguntas+traballos), debendo obter polo menos 4 sobre 10 puntos en cada unha das partes e polo menos 5 sobre 10 puntos na nota final.
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA:
Os estudantes en proceso de avaliación contínua presentaranse a aquelas partes onde non superen os mínimos establecidos. Cando non se siga o proceso de avaliación contínua e no caso de convocatoria fin de carreira, o alumnado será avaliado conforme ao procedemento descrito na apartado avaliación global.
COPIA
En caso de detección de copia en calquera das probas (probas curtas, exames parciais ou exame final), a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos.