A) No caso do alumnado que opta por Avaliación
Continua (AC): A planificación das diferentes probas de
avaliación intermedia se aprobará na Comisión Académica do Grao (CAG) e estará
dispoñible ao principio do cuadrimestre. Estas probas non serán
recuperables. 1. Para que as prácticas de
laboratorio e/ou en aula TIC sexan avaliadas, será obligatorio asistir a lo menos ao 80% das prácticas correspondentes, realizar a/s proba/s propostas e/ou, de ser o caso, a presentación oral,
individual/en grupo, do traballo proposto nalgunha das probas. A cualificación
global obtida na avaliación das clases prácticas é do 20% da cualificación
total da materia (CTA). 2. O resto da materia será avaliado a través
de 3 Puntuables que contendrán resolución de problemas, ademais de poder conter
cuestións de resposta curta. Estes tres puntuables suman o 80% da CTA. O Puntuable 1 durará aprox. 40 min. e
correspóndese cun 15% da CTA. O Puntuable 2 durará aprox. 1h e
correspóndese cun 25% da CTA. Asúmese que o estudantado que se presenta ao Puntuable 2 e/ou 3 opta definitivamente por AC. Nese caso a súa cualificación
final non poderá ser Non Presentado. O Puntuable 3 se realizará coincidindo co
Exame Final da Avaliación Global. Este puntuable é o máis
importante, entra todo o contido da materia, e correspóndese co
40% da CTA. B) No caso do alumnado que opta a Avaliación
Global (AG), se tendrá en conta únicamente a nota obtida nun Exame Final (100%
CTA). Este examen incluirá resolución de problemas (con e sin axuda do simulador) e contestación a preguntas de resposta curta relacionadas con todo o contenido teórico e práctico da asignatura. O peso correspondiente ós Temas 8 e 9 (contenido práctico) da asignatura na nota de este examen será en conxunto do 20% da CTA. Oportunidade Extraordinaria: Nesta convocatoria se presentará o alumnado que non superen a materia na Oportunidade Ordinaria, debendo realizar
un exame das mesmas características que o descrito na opción B. En particular, quen na convocatoria
anterior elixiu AC, poderá optar nesta convocatoria por ser avaliado segundo
a opción B (AG) ou A (AC). Neste último caso, se lle terá en conta as
cualificacións obtidas na convocatoria anterior: nos Puntuables 1 e 2, e nas
clases prácticas (laboratorio experimental e aula TIC), o que tendrá un peso
conxunto de até o 60% da CTA. Ademais, tendrán que realizar un exame que tendrá un peso de até o 40% da CTA. O estudantado comunicará por escrito ao
coordinador da materia a súa decisión de optar por unha ou outra forma de avaliación, con polo menos 3 días de antelación á realización do exame. A convocatoria Fin de Carreira será avaliada
de forma similar á Oportunidade Extraordinaria. En caso de detección de plaxio nalgún dos
traballos/probas realizadas, a cualificación final da materia será de suspenso
(0) e os profesores comunicarán á dirección da escola o asunto para que tome as
medidas que considere oportunas. |