Avaliación continua: A
planificación das diferentes probas de avaliación intermedia aprobarase nunha
Comisión Académica de Grao ( CAG) e estará dispoñible ao principio do cuadrimestre Para superar a materia, deberase alcanzar unha cualificación global, resultado da ponderación das distintas avaliacións parciais, de polo menos 5 puntos sobre 10, ademais de alcanzar a puntuación mínima necesaria en cada unha das devanditas avaliacións parciais. A cualificación final para aqueles que non alcancen a puntuación mínima nalgunha delas será o menor valor entre 4.5 e a nota ponderada sobre 10. Avaliación global: A avaliación do estudantado que non opte por avaliación continua será como segue: - As probas individuais finais escritas e de laboratorio supoñerán idénticas porcentaxes da cualificación final que no caso do alumnado que opte por avaliación continua. - Deberán obrigatoriamente realizar un proxecto, entregar o correspondente informe e realizar a preceptiva presentación pública (nas mesmas sesións e cos mesmos criterios de avaliación que o estudantado que opte por avaliación continua). O informe deberá entregarse polo menos dous días antes da súa presentación pública. - É indispensable realizar a entrega tanto dos arquivos resultado da realización das prácticas como o informe. Para superar a materia, o estudantado que non opte pola avaliación continua deberá alcanzar en cada unha das probas e traballos entregados, así como no informe e na presentación pública, as mesmas puntuacións mínimas que o alumnado en avaliación continua. O límite temporal para renunciar á avaliación continua será dun mes antes da data de finalización do período lectivo do cuadrimestre, acorde ao calendario do centro. O procedemento será enviando un correo ao profesorado da materia solicitando a renuncia á avaliación continua. Oportunidade extraordinaria e Convocatoria de fin de carreira: Os requisitos para superar a materia serán os mesmos que na oportunidade ordinaria, en canto ás puntuacións mínimas que se deben acadar. O alumnado que desexe presentarse deberá obrigatoriamente realizar as dúas probas escritas e a de laboratorio. Os informes dos proxectos, o traballo de prácticas e os ficheiros de practicas deberán entregarse polo menos sete días antes da data da proba. |