AVALIACIÓN CONTINUA: A materia avalíase de forma continua, mediante dúas probas parciais que tratan os aspectos teóricos, un exame único de prácticas de laboratorio e un traballo tutelado. O primeiro parcial comprende os temas do un ó cinco. O segundo parcial comprende os temas do seis ó dez. O conxunto dos exames teóricos ten un peso do 60% no total da materia. Os dous parciais serán realizados no horario de clase, e terán cada un unha duración aproximada de 90 minutos, dos que 30 corresponden a un test, e 60 corresponden ós exercicios. Dentro de cada parcial, o test e a resolución de exercicios teñen o mesmo peso. Para superar un exame parcial, sexa o primeiro ou o segundo, requírese obter unha puntuación de 5 puntos sobre 10. Os alumnos que suspendan algún dos exames parciais deberán examinarse soamente do parcial suspenso no exame final, que é o mesmo para os alumnos que o fagan como recuperación da evaluación continua e para os alumnos que o fagan como evaluación global. As prácticas do laboratorio avalíanse mediante un único exame de prácticas, realizado no laboratorio, con un peso na cualificación final do 30%. O peso do traballo tutelado sobre a nota final na evaluación continua é de un 10%. Para participar na avaliación continua será necesario presentarse ó primeiro parcial. A partires de ese momento o alumno queda presentado a convocatoria ***salvo no caso de renuncia do alumno/a á avaliación continua, paso para o cal nesta materia non se establece ningún prazo, aparte do establecido na normativa xeral: canto a esta materia, admítese a renuncia á avaliación continua en calquera momento.*** A cualificación obtida no exame único de prácticas, mantense para o exame de oportunidade extraordinaria, salvo que o alumno renuncie a mantelo. Neste caso o alumno realizará un exame completo para a oportunidade extraordinaria, con contidos de teoría e laboratorio. Para aprobar a materia, una vez superados os parciais, é necesario obter unha cualificación global (CG) de alomenos 5 sobre 10. A cualificación global obtense mediante a fórmula seguinte se a nota de ambos parciais de teoría é polo menos un 5: CG = 0,6 * CT + 0,3*CP + 0,1*CTT CT = nota media dos parciais, se a nota de ambos é polo menos un 5. Se non é así, entón CT recórtase a 4 como máximo. CP = nota de prácticas, CTT = nota do traballo tutelado. Se o alumno non ten polo menos nota 5 en ambos parciais de teoría, o valor de CG é o mínimo entre 4 e 0,6*CT+0,3*CP+0,1*CTT. O exame único de prácticas terá lugar no laboratorio, na data da última sesión de prácticas. AVALIACIÓN GLOBAL: Os alumnos que non participen na avaliación continua, serán avaliados por avaliación global, mediante un exame que constará de tres partes: unha primeira parte dos temas un ó cinco, unha segunda parte dos temas seis ó dez e una terceira parte de exame de prácticas no laboratorio. Para aprobar a materia é necesario obter unha cualificación de alomenos 5 sobre 10 tanto na primeira como na segunda parte. Neste caso, a calificación global obtense da seguinte fórmula: CG = 0,6 * CT + 0,4*CP CT = nota media da primeira e segunda parte, CP = nota de prácticas. No caso contrario, o alumno será calificado cunha puntuación de 4 puntos ou co valor de CG se este é menor de 4. NOTA IMPORTANTE: INSCRIPCIÓN OBLIGATORIA. Os alumnos que non participen no proceso de avaliación continua e desexen presentarse ó exame final, deben inscribirse obrigatoriamente para poder asistir, contactando cos profesores da materia, persoalmente ou mediante correo electrónico, con ó menos dúas semanas de antelación ó exame. Deste modo, facilítase a planificación dos grupos de exame no laboratorio. OPORTUNIDADE EXTRAORDINARIA E CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA: Na oportunidade extraordinaria e na convocatoria fin de carreira, tanto a estructura do exame como as normas (cálculo da nota e inscripción obligatoria) son as mesmas que na avaliación global da oportunidade ordinaria. |