Aprendizaxe baseado en proxectos |
Os alumnos, organizados en grupos, desenvolverán un proxecto que trata o deseño e implementación dunha arquitectura orientada a servizo. Realizarase un seguimento personalizado de cada un dos proxectos nas sesións C da materia. En cada sesión de atención personalizada, os grupos debaterán co profesor as seguintes cuestións relativas ao progreso do proxecto: ¿que traballo se tratou dende a anterior reunión? ¿que problemas apareceron? ¿que problemas non se resolveron? e ¿cal é a planificación do traballo futuro? |
|
Gamificación |
Realización dunha especie de examen tipo test sobre os contidos vistos en cada tema da materia, no que se inclúen diferentes tipos de elementos propios da gamificación. O profesor poderá ofrecer, de forma individual a cada alumno, explicacións sobre as contestacións feitas. |
|