Traballo tutelado |
O proxecto en grupo de carácter práctico en que se verá envolto o alumno determinará unha das notas, T, da nosa avaliación continua. O valor da nota (entre 0-10) dependerá da corrección da solución presentada polo grupo, da presentación/informe que a acompañe, da maior ou menor implicación do alumno no traballo desenvolvido, a das respostas a unha entrevista con cada membro do grupo que servirá para individualizar a nota acadada. |
40 |
|
B1 B4 B6
|
C32
|
D2
|
Exame de preguntas de desenvolvemento |
Exame parcial (Ep). É unha proba escrita de carácter teórico sobre os primerios catro temas da materia. Avalíase individualmente sobre un máximo de 10 puntos. |
30 |
|
|
C30 C32
|
|
A avaliación da materia poderá seguir a canle de avaliación continua ou ben avaliación global. Un alumno elixiría avaliación continua se se presenta ao exame escrito (Ep) que terá lugar cara á metade do cuadrimestre, e nunca antes da finalización do premeiro mes. As porcentaxes expresadas no epígrafe anterior só reflicten o máximo alcanzable en cada tipo de proba na modalidade de avaliación continua; e son só indicativos. A forma de avaliación detallada exprésase a continuación: Para a avaliación continua, a nota final será a media xeométrica ponderada entre a nota do traballo tutelado (T) e a cualificación correspondente ao conxunto de probas de resposta (Y). A nota Y calcúlase como a media aritmética entre a nota do exame final (Ef) e a nota do exame parcial (Ep). Y = ½×(Ef + Ep) NOTA FINAL= T^0,4×Y^0,6 Os alumnos opten por evaluación global deberán presentarse a un exame final que constará de dúas partes: unha proba teórica análoga á proba final da avaliación continua (Ef) e un traballo práctico individual (T). A nota final, neste caso, é a media xeométrica ponderada entre a proba teórica e o traballo práctico. Finalmente, as probas da oportunidade extraordinaria e da convocatoria fin de carrera terán as mesmas características que o exame final que acabamos de describir, coa excepción de que os alumnos poderán herdar a nota dunha das partes (Ef ou T) se esta foi superada. |