Resolución de problemas |
Cada tema complementarase coa resolución de problemas. Nalgunhas ocasións realizaranse en grupo grande e noutras en grupo mediano. Requirirase que o alumnado traballe previamente sobre eses problemas.
Con esta metodoloxía trabállanse as competencias CG3, CG4, CE1, CT2 e CT3. |
Prácticas con apoio das TIC |
Cada tema complétase cunha ou varias sesións de prácticas informáticas. Para iso usarase un software de desenvolvemento propio (basado en Python) e un cuestionario específico para cada tema. Requiriráselles aos estudantes que realicen unha lectura previa dos contidos.
Con esta metodoloxía trabállanse as competencias CG3, CG4, CE1, CT2 e CT3. |