Seguindo
as directrices propias da titulación se ofrecerá aos alumnos que
cursen esta materia dous sistemas de evaluación: evaluación continua e evaluación global (ao final do cuadrimestre). Enténdese que todo alumno opta polo sistema de evaluación continua a menos que presente renuncia por escrito unha vez transcorrido o primeiro mes de clase. Soamente recoméndase o sistema de evaluación global naquelas situacións nas que resulte imposible seguir o proceso de evaluación continua. IDIOMA: Os estudantes podrán elixir o idioma no que desexan ser avaliados (inglés ou castelán). EVALUACIÓN CONTINUA A evaluación continua se realizará conforme ás metodoloxías e probas indicadas a continuación: - Dous traballos tutelados (50 % da nota final). O peso de cada traballo sobre a nota final é do 25 %. Os
traballos tutelados se farán en grupos. - A determinación da
nota individual de cada compoñente do grupo se obterá mediante os
resultados das enquisas de evaluación cruzada entre os integrantes do
grupo e a presentación individual da contribución de cada estudante ao traballo do grupo. A nota míninima necesaria para considerar que a contribución dun
alumno ao traballo do grupo é satisfactoria será de 2 sobre 5 puntos. - Na presentación do traballo se evaluarán as competencias do estudante en canto ás súas capacidades de síntesis, análisis, dominio do vocabulario da especialidade e as súas habilidades para intercambio oral. A valoración da presentación individual suporá o 25% da nota final do traballo.
- Entrega de tres memorias e resultados de prácticas con apoio do TIC realizadas co método de elementos finitos (FEM) (40 % da nota final).
- Entrega dunha memoria de prácticas realizada co método de elementos de contorno (BEM), sobre o análisis de campo acústico en cavidades. (10% da nota final).
A nota final obtida se obtendrá mediante a
suma ponderada das notas obtidas, sendo necesario obter polo menos 4 sobre 10 puntos en cada traballo/memoria practica. No caso de que un estudante non supere os 4 puntos nalgunha das competencias avaliadas, e a media ponderada sexa maior de 5, se lle asignará como nota final suspenso (4.9 puntos).
AVALIACIÓN GLOBAL. OPORTUNIDADE ORDINARIA: Si un estudante non segue o proceso de evaluación continua, deberá realizar un exame final na convocatoria ordinaria, na data publicada polo centro que consistirá en: - Entrega de dous traballos solicitados polo profesorado (1 traballo sobre a aplicación de elementos de contorno, 1 traballo sobre a aplicación do método de elementos finitos). O alumno deberá obter polo menos 4 sobre 10 puntos en cada un dos traballos.
- Contestar en exame escrito preguntas sobre os contidos teóricos da materia. O alumno deberá obter ao menos 4 sobre 10 puntos.
A nota final se obtendrá promediando todas as notas. No caso de que a nota media supere os 5 puntos pero nalgún dos traballos ou na proba escrita non se acadou o requisito, a nota final outorgada será de suspenso (4.9 puntos). Neste caso, o alumno en avaliación continua deberá presentarse ao exame final en convocatoria ordinaria, elaborando os traballos que lle solicite o profesor e en caso necesario realizar a proba escrita asociada ao exame final. OPORTUNIDADE EXTRAORDINARIA e CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA: 1. Avaliación Global: Os alumnos que deban presentarse a exame final en oportunidade extraordinaria ou fin de carreira, deberán porse en contacto previamente co profesorado para solicitar a asignación de dous traballos, para proceder de forma análoga á descrita para o caso do exame final en convocatoria ordinaria. 2. Avaliación Continua: No caso de que na convocatoria ordinaria o estudante supere os requisitos mínimos nalgunha proba de avaliación (traballos/proba escrita) poderá conservar a nota durante 1 ano académico e presentarse só ás partes restantes. As notas non se conservarán no caso de presentarse a convocatoria extraordinaria/fin de carreira en anos académicos posteriores aos que realizou a materia. Non se tolerará o plaxio parcial ou total en ningunha das probas ou traballos que, considerando as circunstancias concorrentes, poderá chegar a sancionarse cun SUSPENSO (0) como cualificación final da materia no curso actual e comunicarse á dirección do Centro para os efectos oportunos. |