Prácticas con apoio das TIC |
Os alumnos resolverán baixo a supervisión do profesorado os problemas prácticos que se expoñan en cada sesión de laboratorio.
Esta actividade desenvolve as competencias CG4, CT2, CE29 e CE27. |
Obradoiro |
Cada grupo de alumnos abordará o deseño e implementación dun proxecto software de complexidade media. Dita tarefa realizarase en diferentes pasos sucesivos, que serán discutidos e validados en cada unha das sesións presenciais.
Esta metodoloxía de traballo ten como obxectivo proporcionar unha adecuada realimentación para, se é oportuno, mellorar as solucións expostas.
Esta actividade desenvolve as competencias CG4, CG9, CT2, CT4 e CE27. |