Nesta asignatura estúdianse, dunha maneira unificada, os principais problemas ou ameazas de seguridade nas redes e servizos telemáticos, e preséntanse distintas técnicas para protexelos. Primeiro abórdase o tema desde un punto de vista xeral, de forma que os conceptos, servizos e técnicas de seguridade que se estudan sexan aplicables a calquera tipo de rede, servizo telemático ou sistema de información a asegurar. Este bloque forman-no os temas 1 ao 4. Isto leva a tratar con detalle os tres temas centrais da seguridade: a parte algorítmica (cifrado, firma dixital e integridade), os protocolos de autenticación e os procedementos de xestión e negociación de chaves. O obxectivo é que o alumno adquira unha base sólida que lle capacite para facilitar a súa comprensión das técnicas particulares que cada aplicación require así como para aplicalo a outros ámbitos cos que teña que enfrontarse. Logo trátase o tema dunha forma algo máis particular, revisando os problemas, técnicas e estándares de seguridade en algúns dos entornos de comunicación máis prevalentes na actualidade. Así dedícase un tema á seguridade a nivel IP, protocolo central na arquitectura Internet, e outro tema á seguridade na Web, dada a vixencia actual deste medio de intercomunicación telemática, onde o alumno asimilará os conceptos teóricos e prácticos do protocolo SSL, central para a seguridade das transaccións a través da Web. Dada a utilización cada vez maior das comunicacións por medio inalámbrico e os seus particulares problemas de seguridade, tamén se dedica un tema a eles. Pecha o curso cunha introdución a outros dous temas de transcendencia crecente: as redes e software malicioso e o análise forense de sistemas de información.