Guia docente 2024_25
Escuela de Ingeniería de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Seguridade
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Práctica de laboratorio
Proba de grupo na que o profesor valorará a práctica de laboratorio, revisando o seu funcionamento cos integrantes do grupo presentes.
Esta proba realizarase na ultíma ou penúltima semana do cuadrimestre, segundo se publicará en Moovi nas primeiras semanas do cuadrimestre.
Todos os integrantes do grupo deben estar presentes no momento da presentación.
Realizarase unha entrevista de autoría da que se determinará o nivel de participación de cada alumno e da que, xunto co correcto funcionamento, se deducirá a nota individual.
25 B6
C28
D3
Traballo Proba de grupo. Valoración do proxecto ou traballo tutelado realizado polo grupo (tipo C). O grupo fará unha demostración ao profesor do proxecto ou traballo realizado e resultados obtidos. Esta proba realizarase na ultíma ou penúltima semana do cuadrimestre, segundo se publicará en Moovi nas primeiras semanas do cuadrimestre. Todos os integrantes do grupo deberán estar presentes no momento da presentación.
Realizárase unha entrevista de autoría da que se determinará o nivel de participación de cada alumno no proxecto e da que, xunto co correcto funcionamento, se deducirá a nota individual.
25 B4
B6
C28
D2
D3
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame final da materia. Este exame consta dun conxunto de exercicios/cuestións sobre os contidos dados no curso a partir da semana 7, o de todo o curso para aqueles alumnos que non superen a nota mínima no examen parcial.
25 B3
B4
C28
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame parcial da materia, obrigatorio para os alumnos que vaian por AC.
Este exame constará dun conxunto de exercicios/cuestións sobre os contidos dados ata aproximadamente a mitade do curso teórico.
25 B3
B4
C28
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

  • ELECCION DE AVALIACIÓN CONTINUA.
Por defecto considerarase que o alumnado vai por avaliación continua (AC). Si un alumno desexa ir por avaliación global (AG) deberá comunicalo ao profesorado antes de concluír a semana 5 do cuadrimestre. A comunicación será por correo electrónico ao profesorado.  

  •  OPORTUNIDADE ORDINARIA.

Avaliacion continua. A avaliación continua (AC) estará formada por:

  1. Traballo B de laboratorio, representando un 25% da nota. Este traballo deberá ser entregado via Moovi. A data concreta de entrega publicarase en Moovi nas primeiras semanas do cuadrimestre, tras reunión de coordinación co resto das materias. 
  2. Proxecto C, representando un 25% da nota. Este proxecto deberá ser entregado via Moovi. A data concreta de entrega publicarase en Moovi nas primeiras semanas do cuadrimestre, tras reunión de coordinación co resto das materias. 
  3. Exame parcial dos contidos dados ata aproximadamente a metade do cuadrimestre, representando o 50% da nota total de teoria. Este exame promediará co exame final si o alumno saca un mánimo de 4 puntos sobre 10. Si o alumno saca unha nota inferior a esta, deberá volver avaliarse desta parte no exame final. 
  4. A planificación das diferentes probas de avaliación intermedia se aprobará nunha Comisión Academica de Grao (CAG) e estará dispoñible ao principio do cuadrimestre.
  5. Exame teorico final, na data acordada en Xunta de Escola. Habrá dous casos:
  • Alumnado que supere a nota minima do exame parcial. Neste exame entrarán os temas dados desde aproximadamente a metade do cuadrimestre até o final. Representará un 25% da nota total. Para poder superar a materia o alumno deberá obter neste exame unha nota minima de 4 puntos sobre 10.
  • Alumnado que non supere a nota minima do exame parcial. Neste
    exame entrarán todos os temas dados no curso teorico. Representara un 50% da nota total. Para poder superar a materia
    o alumno deberá obter neste exame unha nota minima de 4 puntos
    sobre 10, cun minimo de 4 puntos en cada unha das dúas partes do exame.

Avaliación global.  A avaliación global (AG) estará formada por:

  1. Un exame teorico final polo 75% da nota, que constará de dous partes e que se realizará o mesmo dia e hora que o de AC.
  2. As practicas de laboratorio B, que completara o outro 25%. Se entregarán en Moovi, con data tope o mesmo dia que a de AC.
  3. Para poder superar a materia o alumno debera obter no exame teorico un mínimo de 4,5 puntos sobre 10, en cada unha das dúas partes do exame. E un minimo de 1 punto sobre 2,5 nas practicas B.

O exame final será o mesmo para todos os alumnos, tanto para os que opten por avaliación continua como para os que opten por avaliacion global.

  • OPORTUNIDADE EXTRAORDINARIA.

Para o alumnado que opte durante o cuadrimestre por avaliación continua a nota total se obtendrá segun:
  1. 50% de parte teorica, 25% de practicas B de laboratorio e 25% do traballo C.
  2. Gardase, da oportunidade ordinaria, as notas do exame teorico parcial e final (sempre que superen a nota minima), da  practica B de laboratorio (sempre que supere o minimo) e do traballo C.
  3. Deberá presentarse ao exame teorico desta oportunidade todo o alumnado que non supere a nota minima teorica, nalgunha das dúas partes do exame, da oportunidade ordinaria. Con todo, só serà necesario realizar o exame da parte ou partes das que non se alcanzou ese minimo. Sera obrigatorio obter un minimo de 4 puntos sobre 10, en calquera das partes ás que se presente o alumno, para poder aprobar a materia.
  4. O alumnado que non entregue a practica de laboratorio B na oportunidade ordinaria, e aqueles que non alcancen a nota minima desta parte, deberán realizar e entregar a mesma practica que a da oportunidade ordinaria. A data tope de entrega sera a do dia e hora do exame teorico. Sera obrigatorio obter nesta parte un mínimo de 1 punto sobre 2,5 para poder aprobar a materia.
  5. Os alumnos que non entreguen o traballo C na oportunidade ordinaria, deberan realizar unha proba escrita que realizarase o mesmo dia do exame de teoria e da que se obtendrá o 25% da nota total. Por tanto, non se realizara ningunha entrega propiamente dita de traballo C.
Para o alumnado que opte na oportunidade ordinaria por avaliación global, realizarase un exame final cun valor do 75%, xunto co traballo B de laboratorio que representara o 25%.  Se garda a nota do exame teorico da oportunidade ordinaria (sempre que supere o minimo de
4,5 puntos) e a do laboratorio B (sempre que supere o minimo de 1
sobre 2,5 puntos).
  • OUTRAS OBSERVACIÓNS.
    • Considerarase a un alumno/a como "Non Presentado" si non seguiu a avaliación continua e non se presentou ao exame teorico final. Igualmente, si un alumno vai por AC e non se presenta a ningun exame (A,B e C) se lle considerará como "non presentado".
    • As cualificacións obtidas nas practicas B de laboratorio e traballo C  soamente  seran válidas durante o curso academico en que se realicen.
    • Si a nota total é igual ou superior a 5 pero non se alcanzou a
      nota mínima en algures, a nota final será 4.9 puntos (suspenso). 
  • CONVOCATORIA DE FIN DE CARREIRA.
    • A avaliación  na convocatoria de fin de carreira  estará formada por:
      • Exame teórico (50%). Exame individual dos contidos da materia representando o 50% da nota total.  O alumnado deberá obter unha nota minima de 4 puntos (en cada unha das dúas partes do exame) sobre 10 para aprobar a materia. 
      • Traballo B de laboratorio, representando un 25% da nota, e cun minimo de 1 punto sobre 2,5.
      • Proxecto C, representando un 25% da nota. 
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000