Resolución de problemas e/ou exercicios |
Empréganse para avaliar a parte de Problemas. Superalas constitúe un requisito para aprobar a materia. Ver detalles no apartado doutros comentarios. |
100 |
|
B3 B4
|
C48 C49
|
D2 D3
|
PROCEDEMENTO DE AVALIACIÓN: A. Visión xeral
As competencias adquiridas avalíanse mediante unha serie de probas agrupadas en dous partes e con distintos requisitos de superación: - Probas de Prácticas : exames tipo test.
- Probas de Resolución de problemas: exames de problemas.
Para superar a materia é necesario superar as dúas partes. - Para cada parte realízanse varias probas para obter unha cualificación independente en cada unha delas.
- Hai probas de ambas partes tanto durante o período de clases como nos períodos de avaliación final.
- Unha vez que se supera unha parte, a nota obtida mantense durante todo o curso académico.
- A nota de Prácticas é de 0 a 10. En caso de ser maior ou igual que 5 considérase que o alumno superou as prácticas. Ademais, se se fan os exames durante o período de clases e a nota é maior ou igual que 7, a nota de prácticas incrementará a cualificación da materia (ver detalles a continuación).
- A nota de Resolución de problemas é de 0 a 10.
- A Cualificación final da materia obtense do seguinte modo (tanto para avaliación continua coma global):
- Se se superaron as dúas partes e a nota de Prácticas obtida por evaluación continua (mediante a realización das prácticas no período de clases) non supera o 7:
- Cualificación final= Nota de Resolución de problemas
- Se se superaron as dúas partes e a nota de Prácticas obtida durante o período de evaluación continua é maior que 7:
- Cualificación final= mínimo [10, Nota de Resolución de problemas + [ (Nota de Prácticas por Evaluación Continua - 7)/3 ] ]
- Se non se superou algunha das dúas partes:
- Cualificación final= mínimo [Nota de Resolución de problemas, Nota de Prácticas]
- Como o alumno ten varias oportunidades ao longo do curso para presentarse tanto á Resolución de problemas como ás Prácticas, é posible que teña varias notas en cada parte. Á hora de obter a Cualificación final sempre se emprega, en cada parte, a maior das notas que teña en dita parte.
Tamén é importante resaltar o seguinte: - Nesta materia o sistema de avaliación continua permite que un alumno poda acadar unha cualificación final de 10 sen necesidade de se presentar ó exame final.
- Os alumnos que fixesen as probas de avaliación continua e que non superasen algunha parte, ao final do cuadrimestre ou ao final do curso, só é necesario que realicen dita parte.
- Considérase que o alumno se presenta a avaliación continua no momento no que realiza algún dos exames de Resolución de problemas. Nese caso o alumno obterá sempre unha cualificación distinta de "Non presentado".
Nos seguintes apartados explícase en detalle como se cualifica cada unha das partes.
*B. Detalles de cada parte avaliable
*B1.Probas de Prácticas - Obxectivo: Coñecer se o alumno adquiriu o conxunto de coñecementos e/ou destrezas correspondentes ás prácticas de laboratorio, facendo fincapé no emprego de MatLab para o procesado dixital de sinais.
- Materia que é obxecto de exame: O contido dos boletíns de prácticas de laboratorio e aqueles contidos de teoría que se especifiquen nos mesmos.
- Tipo de exame: Preguntas tipo test. Para a súa resolución poderase empregar MatLab, o enunciado da práctica do laboratorio e as anotacións que sobre ela realice o alumno e o libro de texto. Non se pode empregar calculadora.
- Cualificación: Nota de 0 a 10. Se se obtén polo menos un 5, supérase esta parte da materia. Se se obtén máis dun 7 durante as prácticas (non nos exames finais de prácticas), a nota de Prácticas axuda a subir a nota final.
- Método de avaliación das prácticas:
- Oportunidade ordinaria: Para superar a parte de Prácticas na Oportunidade Ordinaria hai dous mecanismos non excluíntes:
- Dúas probas durante o período de clases (avaliación continua):
- Faise unha proba tipo test ó final de cada práctica na aula de grupo pequeno. Avalíase a práctica que se finaliza na devandita sesión e todas as anteriores.
- En cada proba obtense unha nota entre 0 e 10. É obrigatorio presentarse ás dúas probas. A nota de prácticas obtense facendo un promedio ponderado das notas das dúas prácticas, sendo os pesos do 40% e o 60% para as prácticas 1 e 2 respectivamente. Se o promedio mencionado é maior ou igual que 5, considérase que o alumno superou as prácticas.
- As datas exactas das probas serán aprobadas pola Comisión Académica de Grao (CAG) e estarán dispoñibles ao comezo do cuadrimestre. Poderanse consultar na páxina web da materia.
- Un exame final (avaliación única). É un exame tipo test onde se avalían todas as prácticas. Supérase obtendo ó menos un 5 sobre 10.
- Oportunidade extraordinaria ou Convocatoria Fin de Carreira: Un exame final (avaliación global). É un exame tipo test onde se avalían todas as prácticas. Supérase obtendo ó menos un 5 sobre 10.
- Consideracións particulares:
- Unha vez que se superaron as prácticas, a nota se garda para todo o curso académico.
*B2. Probas de Resolución de problemas- Obxectivo: Comprobar que o alumno adquiriu o conxunto de coñecementos e/ou destrezas da materia e sabe aplicalos á resolución de problemas.
- Materia que é obxecto de exame: Especifícase nas guías de cada tema, dispoñibles na web da asignatura, no apartado de Contidos "que son materia de exame". Exclúense destas probas os coñecementos de MatLab.
- Tipo de exame: Exame de problemas. Non se poden empregar libros, nin apuntamentos. En cada exame especificarase se se pode usar ou non calculadora.
- Cualificación: Nota de 0 a 10. Esta parte supérase con polo menos un 5.
- Método de avaliación das parte de Problemas:
- Oportunidade Ordinaria: Para superar a parte de Problemas na Oportunidade Ordinaria hai dous mecanismos non excluíntes:
- Tres probas durante o período de clases, na aula de grupo grande (avaliación continua). Cada unha cualifícase de 0 a 10 e é obrigatorio facer as tres probas.
- A nota de Resolución de problemas obtense como: p1*NotaProba1+p2*NotaProba2+p3*NotaProba3
- O peso p1 será 0.25.
- O peso p2 será 0.35 se a nota da segunda proba é maior ou igual a 3 sobre 10. Noutro caso p2 será 0.
- O peso p3 será 0.40 se a nota da terceira proba é maior ou igual a 3 sobre 10. Noutro caso p3 será 0.
- Proba 1: Temas 1 a 4. Proba 2: Temas 1 a 7. Proba 3: Temas 1 a 11.
- As datas exactas das probas serán aprobadas pola Comisión Académica de Grao (CAG) e estarán dispoñibles ao comezo do cuadrimestre. Poderanse consultar na páxina web da materia.
- Un exame final (avaliación global). Supérase obtendo ó menos un 5 sobre 10.
- Oportunidade Extraordinaria ou Convocatoria Fin de carreira: Un exame final (avaliación global). Supérase obtendo ó menos un 5 sobre 10.
Consideracións particulares:- Unha vez que se obtén unha nota de polo menos un 5, se garda para todo o curso académico.
- Se na Oportunidade Ordinaria se superou esta parte durante a avaliación continua, é posible presentarse a ela no exame de final de dita Oportunidade Ordinaria para subir nota.
- Se na Oportunidade Ordinaria se superou esta parte, os alumnos NON poden presentarse na Oportunidade Extraordinaria a esta parte para subir nota.
*C. Aclaracións e outras consideracións- Finalizado o curso os alumnos terán unha única nota da materia no seu expediente académico.
- Unha vez finalizada a Oportunidade Ordinaria ponse a nota obtida polo alumno ata ese momento, que é definitiva se se trata dunha nota igual ou superior a 5 puntos.
- Se un alumno que non superou a materia na Oportunidade Ordinaria, obtén unha mellor cualificación na Oportunidade Extraordinaria, esta nova nota será a que pase a constar no seu expediente. Se non é mellor, déixase a que tiña anteriormente. En todo caso esta nota pasa a ser definitiva.
- Os exames de avaliación continua non son recuperables.
- As notas obtidas nas partes de Prácticas, e Resolución de problemas son só válidas durante o actual curso académico.
- No caso de que nalgún dos exames da parte de Resolución de problemas permítase o uso de calculadora, só poderá ser unha calculadora científica convencional. NON se poden utilizar calculadoras que permitan o almacenamento de fórmulas, nin aquelas que dispoñen de librarías que realizan de forma automática operacións con números complexos, cálculo de raíces, etc.
- En caso de detección de copia en calquera das probas (probas curtas, exames parciais ou exame final), a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos.
- Ao longo do curso, durante a celebración das clases, os profesores da materia eventualmente propoñerán actividades ou exercicios nos que os estudantes poderán ser recompensados con ata 1 punto sobre 10. Se se recibe, este bono engadirase á nota final que o estudante obteña seguindo o método de avaliación descrito
- Materia do programa English Friendly. Os/as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliográficas para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.
|